Ir o contido principal

Curso de Especialista en 5G

O primeiro Curso de Especialista Universitario en 5G de Galicia abre hoxe o prazo de preinscrición. Este programa formativo, enmarcado no Plan Galicia 5G da Xunta

Icono

Potenciar a economía 5G

O Plan Galicia 5G persegue articular dende a Xunta de Galicia unha proposta coherente e complementaria cos marcos estratéxicos xa existentes para impulsar o desenvolvemento das redes e servizos 5G na nosa comunidade, dadas as perspectivas actuais da súa relevancia na transformación dixital da próxima década.

O desenvolvemento do Plan Galicia 5G, permite potenciar a economía mediante medidas de estímulo, formación especializada, potenciación da comercialización e demanda de solucións 5G por parte da Xunta de Galicia.

As probas de concepto de 4G/5G promovidas pola Xunta de Galicia serán o punto de partida para a especialización do hipersector TIC galego no campo das 5G, pero para consolidar o impulso inicial é necesario combinar un conxunto de medidas que conformen unha política de actuación máis ampla:

  • Estímulo do emprendimento 5G.
  • Formación Especializada 5G.
  • Eventuais liñas futuras de financiamento.
  • Promoción dentro da Administración de servizos e solucións 5G.

Impulso 5G