Operador
Obxectivo?
Permitir o streaming de vídeo que evite a necesidade de dispoñer de comunicacións satelitais.
Desenvolvemento
Farase un despregamento de comunicacións 5G de gran largo de banda e baixa latencia para permitir o streaming de vídeo de múltiples cámaras a unha cloud cercana (Edge Computing) que evite a necesidade de dispoñer de comunicacións satelitais cando teñan que transmitir vídeo en eventos e situacións de emerxencia.
Farase un despregamento de cobertura 5G nunha zona destinada a eventos multitudinarios (Monte do Gozo) para realizar unha proba de campo. Testearase o concepto de Network Slicing coas comunicacións de AXEGA, para asegurar unha calidade de servizo garantida en contornas de saturación.
Habilitaranse comunicacións 5G que permitan, en contornas saturadas de comunicacións móbiles, a transmisión de vídeo das cámaras que se despreguen para a supervisión dun evento.
Onde?
Monte do Gozo (Santiago de Compostela).
Cando?
As datas previstas son desde febreiro de 2020 ata decembro de 2020.
Con quen?
Quen participa?
Entidades colaboradoras