Operador
Obxectivo?
Permitir a visualización en tempo real de imaxes procedentes de lugares turísticos en moi alta resolución coas que poder interactuar.
Poder facilitar a persoas con certas discapacidades a experimentación da súa presenza en localizacións de complexa accesibilidade.
Desenvolvemento
A rede de acceso 5G proverá a conectividade entre o dispositivo 5G conectado ás cámaras 360º e os dispositivos VR que permitirán a visualización en tempo real das imaxes e contidos remotos. O fluxo de información (datos e control) pasará polos elementos de rede incluídos no núcleo (Core 5G).
Unha cámara 360º instalada na Praza do Obradoiro transmitirá imaxes do casco histórico e da fachada da Catedral, sobre as que se superpoñerán contidos virtuais que enriquecerán á propia imaxe. Turistas ou usuarios baixo cobertura 5G poderán recibir a transmisión das imaxes 360º en tempo real e con realidade aumentada, de xeito que teñan a sensación de trasladarse á mesma Praza.
Onde?
Santiago de Compostela.
Cando?
A partir de abril de 2020.
Quen participa?
Quen organiza?