Ir o contido principal

Operador

orange

 

 

 

 

Obxectivo?

Validar en tempo real o acceso por parte do persoal a diferentes áreas do porto, mellorando tanto a seguridade como a eficiencia no control de accesos.

Aumentar a seguridade física e lóxica no porto, dixitalizando os distintos procesos involucrados.

 

Desenvolvemento

caras

 

Desenvolverase un sistema de procesamento de identidades biométricas da faciana baseado en vídeo. Este sistema permite procesar diferentes fragmentos de vídeo, localizar facianas, extraer os trazos da faciana e realizar unha identificación de ditos trazos contra a base de datos de persoas autorizadas.

Por outra banda, implementarase unha aplicación móbil que permita realizar o enrolamento biométrico e xestión de identidades mediante unha plataforma segura DOB baseada en vídeo. Está aplicación utilizarase para o rexistro de persoas autorizadas para o acceso ás instalacións, así como para solicitar as renovacións asociadas a esta autorización.

Proporcionarase unha aplicación móbil orientada ao persoal de seguridade, de xeito que poida facer verificacións aleatorias de persoas dentro das instalacións. Mediante esta aplicación, o persoal de seguridade poderá coñecer se a persoa sobre a que realiza a inspección é recoñecida no sistema e conta cunha autorización vixente.

O que se ofrece é:

  • Procesado ultrarrápido da información e en alta definición a través das conexións 5G en quioscos portátiles, dispositivos móbiles e cámaras.
  • Controlar e monitorizar en tempo real as instalacións con sistemas de alertas e notificacións.
  • Aumento da seguridade física e loxística no porto.

 

Onde?

Porto de Vigo.

 

Cando?

A partir de xaneiro de 2020.

 

Con quen?

Universidade de Vigo, Porto de Vigo.

 

Quen participa?

IECISA   Ericsson 

 

 

 

 

 

 

Entidades colaboradoras

Xunta de Galicia

Puerto de Vigo

UVIGO

 

 

 

 

Imaxe
Eye_biometric