Operador
Obxectivo?
Conseguir unha mellora na xestión do tráfico comunicando a información entre vehículos e elementos da estrada.
Desenvolvemento
A infraestrutura será capaz de monitorizar vehículos e peóns e comunicar esta información aos vehículos que circulan próximos ou en dirección á intersección.
Con esta información, os vehículos autónomos serán capaces de tomar decisións en base ao estado actual da intersección, rota a seguir, e predición da posición dos elementos detectados, conseguindo desta forma unha redución dos riscos en interseccións nas que poidan circular vehículos, viandantes e outros usuarios vulnerables.
Empregaranse diferentes vehículos de condución autónoma e conectada, que tomarán decisións autonomamente baseadas na información recibida polos seus sensores e procesada polo seu sistema de Intelixencia Artificial, así como pola interacción con outros usuarios e coa propia infraestrutura.
Isto permitirá acelerar a implantación de V2X, así como incrementar a seguridade e a comodidade dos vehículos autónomos, xerando unha mellora na xestión do tráfico, a mobilidade e o fluxo do tráfico, coa interacción do vehículo cos sensores e coa información das vías.
Farase uso de frecuencias na Banda 43 en 3,7Ghz
Será preciso 10 Mbps UL/DL por coche, 80MBps agregado, ~20ms e Slice , eMBB e uRLLC.
Onde?
Centro urbano de Vigo e fronteira España-Portugal.
Cando?
Comezará a partir do terceiro trimestre de 2020.
Quen participa?
Quen colabora?