Pasar al contenido principal

Operador

telefonica

 

 

 

 

Obxectivo?

Implementar a tecnoloxía 5G en diferentes ámbitos como a industria, infraestrutura e transporte, lecer, vehículos, entretemento e saúde. Disto encargarase Telefónica conxuntamente en UTE con outras empresas, que foron adxudicatarias dun dos dous pilotos licitados por Red.es a nivel nacional.

http://www.piloto5ggalicia.es

 

Casos de uso

  • Produción de TV 5G (eventos deportivos): Realización e emisión automática de eventos deportivos para dar cobertura mediática de baixo custo a eventos deportivos locais.
  • Industria 4.0 – Asistencia Técnica Remota: Asistencia Técnica Remota mediante RA e modelos 3D para diagnóstico e soporte.
  • Comunicacións vehiculares e MTC: Asistencia á condución para mellorar a seguridade dos vehículos que transiten por un túnel (neste caso do Cereixal).
  • Supervisión de infraestrutura ferroviaria mediante drons: Mellora das eficiencias nos traballos de inspección e mantemento das vías ferroviarias.
  • Industria 4.0 – RA de Precisión: Uso de Realidade Aumentada con precisión milimétrica para tarefas de montaxe.
  • Industria 4.0 – Stream de Scan 3D: Uso de 5G para o streaming de scans 3D realizados sobre bloques de barcos en proceso de construción.
  • Servizo Movistar Fusión sobre AFR: Desenvolvemento do servizo Movistar Fusión (voz, internet e tv) sobre Acceso Fixo Radio 5G, especialmente en zonas rurais.
  • Ocuexplorer 5G: Exploración e diagnóstico oftalmolóxico remoto en tempo real mediante a captura de imaxes en alta resolución.

 

Onde?

Diversos lugares de Galicia:

  • Produción de TV 5G (eventos deportivos): Bergondo e A Coruña
  • Industria 4.0 – Asistencia Técnica Remota: Navantia - Ferrol
  • Comunicacións vehiculares e MTC: Túnel do Cereixal - Lugo
  • Supervisión de infraestrutura ferroviaria mediante drons: Ourense
  • Industria 4.0 – RA de Precisión: Navantia - Ferrol
  • Industria 4.0 – Stream de Scan 3D: Navantia - Ferrol
  • Servizo Movistar Fusión sobre AFR: Área vella de Vigo
  • Ocuexplorer 5G: Vigo

 

Entidades colaboradoras

Ministerio de Economía y Empresa

red es

FEDER

 

 

 

 

Imaxe
Piloto5GGalicia