Operador
Obxectivo?
Executar a primeira experiencia mundial real de conexión transfronteiriza en mobilidade con 5G.
Desenvolvemento
A implementación dun corredor tecnolóxico 5G entre Vigo e Porto permitirá a experimentación das conexións en itinerancia sen corte entre elas.
Permitirase experimentar a tecnoloxía 5G nunha contorna de mobilidade en itinerancia entre España e Portugal, desenvolvendo o coñecemento á vez que se avalían os aspectos radio en frecuencias 3.7GHz e a aplicación de contidos multimedia.
O día 22 de maio de 2019 e no marco do Nodo de Cooperación 5G de Galicia realizouse a primeira experiencia mundial de conexión en roaming 5G, entre as poboacións de Tui (Galicia-España) e Valença (Portugal).
No transcurso da viaxe entre ambos países, xogadores profesionais mantiveron a súa conexión de baixa latencia e sen problemas de conectividade.
Onde?
Fronteira Galicia - Portugal.
Cando?
A partir de abril de 2019.
Quen participa?
Quen colabora?