Operador
Obxectivo?
Mellorar a experiencia dos alumnos que non asisten presencialmente á clase e ampliar a capacidade de aprendizaxe.
Desenvolvemento
Unha cámara 360º situada na aula permitirá a distribución, mediante vídeo streaming, de contidos didácticos de moi alta calidade sobre os que se superporán contidos virtuais que enriquecerán o contido da imaxe.
Integrarase sobre a rede 5G a desenvolver no campus da Universidade de Vigo. O fluxo de información (datos e control) pasará polos elementos de rede incluídos no núcleo (Core 5G). O profesor tamén poderá dispor dunhas gafas similares ás do alumnado e, deste xeito, poderán compartir o mesmo contexto visual, e mesmo poderán interaccionar como se estiveran fisicamente no mesmo lugar.
Onde?
Vigo.
Cando?
A partir do primeiro cuadrimestre de 2020.
Con quen?
Universidade de Vigo - ETSET
Quen participa?
Entidades colaboradoras