Operador
Obxectivo?
Axudar á xestión dos medios implicados na extinción dun incendio forestal facilitando o acceso en mobilidade e a integración nos sistemas existentes de diferentes datos e imaxes.
Desenvolvemento
O que facilitará de maneira inmediata será:
- Vídeo de alta calidade das cámaras.
- Vídeo emitido e/ou xerado polo propio persoal.
- Acceso á cartografía e edición en tempo real.
- Compartir información en tempo real de tracks, datos meteorolóxicos, posicións, imaxes e vídeos e a súa manipulación.
Farase uso da Banda 43 en frecuencias 3,7GHz
Será preciso un caudal de 200/40 Mbps agregado DL/UL por dispositivo (cámara, Smartphone…) e Slice, eMBB.
Experimentarase a tecnoloxía eMBB na contorna rural e boscosa, desenvolvendo o coñecemento, á par que se avaliarán os aspectos radio e da aplicación de Network Slicing, o que tamén facilitará a implantación da devandita tecnoloxía en contornas rurais.
Onde?
Provincia de Ourense.
Cando?
A partir do terceiro cuadrimentre de 2020.
Con quen?
Subdirección Xeral de Extinción - Xunta de Galicia.
Quen participa?
Quen organiza?