Ir o contido principal
Icono

Impulsar o 5G

A Xunta de Galicia, no desenvolvemento do Plan Galicia 5G creou un Nodo de Cooperación 5G onde poden confluir os desenvolvedores de solucións 5G cos potenciais demandantes, de cara a definir o ecosistema de servizos 5G comezando polas posibilidades que xa permiten explorar as actuais redes 4G.

O Nodo de Cooperación 5G, constitúese coa sinatura do convenio de colaboración en data 06 de novembro de 2018, entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Orange Espagne, S.A.U., Telefónica Móviles España, S.A.U., Vodafone España, S.A. e Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. para a constitción do Nodo de Cooperación 5G de Galicia e a realización de diversas probas de concepto no Eido do 5G na Comunidade Autónoma de Galicia.